mediana
(< lat mediāna)
-
s
f
[MAT]
-
Segmento que, nun triángulo, vai dun vértice ao centro do lado oposto. Todo triángulo ten tres medianas, que se cruzan nun único punto, chamado baricentro. O baricentro divide cada mediana en dous segmentos, sendo o segmento baricentro-vértice o dobre de longo ca o outro.
-
Segmento que, nun trapecio, une o centro dos lados non paralelos.
-
Segmento que, nun cadrado ou nun rectángulo, une os centros dos lados opostos.
-
-
s
f
[MAT]
Nun conxunto de datos ou de observacións estatísticas, ordenadas de menor a maior, dato situado no centro, isto é, que ten o mesmo número de datos por arriba que por abaixo. No caso de que o número de datos siga parello, cóllese como mediana a media dos dous datos centrais.
-
s
f
Espacio lonxitudinal que separa os dous carrís dunha estrada que teñen diferente sentido.