mediastino
mediastino
(< lat mediastīnu ‘escravo usado para calquera traballo’)
-
s
m
[ANAT]
Espacio medio da caixa torácica comprendido entre as dúas pleuras e as dúas masas pulmonares polos costados, a columna vertebral por detrás, o plano esternocostal por diante, a base do pescozo por riba e o diafragma por baixo.
-
mediastino do cerebelo
[ANAT]
Lámina da duramáter que separa os dous hemisferios cerebelosos.
-
mediastino do cerebro
[ANAT]
Parede vertical e mediana, constituída por un repregamento da duramáter, que está situada na parte máis posterior da cavidade cranial, entre os dous hemisferios cerebrais.
-
mediastino testicular
[ANAT]
Formación esponxosa dunha forma prismático-triangular situada na parte superior dos testículos, desde onde xorden prolongacións que dividen a substancia parenquimática en compartimentos. OBS: Tamén se denomina corpo de Highmore.