medusa

medusa

(< antropónimo Medusa)

  1. s f [ANIMAL]

    Tipo de organización que presentan os cnidarios, formada por individuos de vida libre e peláxica que, en xeral, se reproducen sexualmente. O corpo, denominado umbrela, ten unha cara superior convexa (exumbrela) e unha inferior cóncava (subumbrela). Na metade desta última está o manubrio, onde se sitúa a boca. No bordo da umbrela ten inserida unha coroa de tentáculos provistos de cnidoblastos, e a miúdo teñen tamén órganos sensoriais (visuais, táctiles, quimiorreceptores, estatocistos). As medusas son todas planctónicas e carnívoras. A súa picada produce inchazón, eritema e dor intensa, e nalgúns casos pode ser moi grave, podendo producir un colapso cardio-circulatorio. En Galicia están presentes varias especies de cnidarios que presentan principalmente a organización tipo medusa, coa fase de pólipo reducida ou practicamente inexistente, tanto peláxicas como costeiras. Cando as condicións meteorolóxicas non son moi boas e o vento sopra cara á costa, poden producirse arribazóns destas medusas peláxicas ás costas, como é o caso da Chrysaora hysoscella, da Velella velella e da Physalia physalis. OBS: Tamén se denomina augamar.

  2. cabeza de medusa [MED]

    Aspecto que adquire a rede venosa superficial periumbilical en casos de hipertensión portal.

Palabras veciñas

Medulio, monte | meduloblastoma | meduloso -sa | medusa | Medusa | meduseo -a | medusoide