Mefistófeles

Mefistófeles
[LIT]

Personaxe que representa un anxo caído nunha lenda popular alemana, publicada en 1587, sobre o doutor Fausto. Simboliza o desexo de comprender o mundo e dominar o universo por parte do home. Divulgouse grazas á caracterización que fixo Goethe e pola súa presenza na ópera Mefistofele (1868), de Arrigo Boito.