megáfono

megáfono

(< mega- + -fono)

s m [TECNOL/FÍS]

Aparato formado por un altofalante cónico e unha embocadura, que se emprega para reforzar sons, especialmente a voz, e transmitilos a distancia. É un aparato primitivo, que se foi perfeccionando sucesivamente. Actualmente hai megáfonos eléctricos, formados por un amplificador e un altofalante, que son empregados para cubrir distancias considerables.