Megalópolis
Megalópolis
Antiga cidade grega, situada ao N da actual cidade homónima de Peloponeso, no nomós de Arcadia. Fundada no s IV a C por Epaminondas, foi a capital da confederación arcádica. Fiel a Tebas e despois aliada de Macedonia, caeu nas mans de Demetrio I de Macedonia e comezou a decadencia.