Megiddo
Megiddo
Antiga cidade de Palestina, situada na chaira de Esdrelón, actual Tell al-Mutasallim. Documentada arqueoloxicamente desde o Neolítico, continuou habitada durante o Calcolítico. En tempos da dinastía XII (1991-1786 a C) puido pertencer á área de influencia exipcia e en 1482 a C foi destruída por Tuthmosis III. En época de Al-Amārna (1379-1362 a C) aparece citada como cidade estado. Fortificada por Salomón (961-932 a C), foi conquistada pouco despois polo faraón Šešonq I (930? a C). En época romana era coñecida como a legio.