meglenorromanés
meglenorromanés
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo meglenorromanés ou ao seu dialecto.
Sinónimos: meglenita. -
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo meglenorromanés.
Sinónimos: meglenita. -
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo romanés establecido en Macedonia cara aos ss XI-XII. Foron islamizados polos turcos e despois da Primeira Guerra Mundial perseguidos polos gregos.
Sinónimos: meglenita. -
s
m
[LING]
Dialecto romanés que fala o pobo meglenorromanés na rexión de Macedonia, ao NO de Salónica. Ten fortes influencias eslavas, sobre todo búlgaras.
Sinónimos: meglenita.