meharista
meharista
s
m
[HIST]
Soldado indíxena de África do norte que pertencía ás tropas coloniais montadas en dromedarios, gornecidos con cadeiras e aptos para a carreira e para a guerra, denominados mehari. Formaron parte do exército de Napoleón I Bonaparte e, posteriormente, de todos os exércitos coloniais franceses.