meiga
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Nome que reciben dúas especies do xénero Lepidorhombus, L. whiffiagonis e L. boscii, da familia dos escoftálmidos. Son peixes planos de corpo asimétrico que soamente teñen pigmentada a cara exposta mentres que a outra é completamente branca. O L. whiffiagonis pode alcanzar os 60 cm de lonxitude e ten as aletas dorsal e anal sen manchas. Vive pousado no fondo areoso do mar, entre 50 e 500 m de profundidade e raramente se aproxima á costa. O L. boscii só acada os 40 cm de lonxitude. Ten ollos máis grandes e presenta dúas manchas arredondadas e mouras no final de cada unha das aletas dorsal e anal, cunha cor agrisada no lado de enriba e abrancazada a transparente no inferior. Ambas especies aliméntanse de crustáceos, moluscos e pequenos peixes. Presentan unha carne branca e delicada, moi apreciada na cociña.
Sinónimos: rapante, rapapelos. -
s
f
[ANIMAL]
arola.
Refráns
- Mais vale un meigo que cen meigas.