Meira, torre de
Meira, torre de
Construción situada en Meira (Moaña). Datada en época medieval, foi realizada en cantería e erguida sobre un promontorio con planta case cadrada. O xacemento arqueolóxico, composto pola torre e o que debeu ser un patio de armas, estaba protexido por unha muralla. Foi escavado en 1976. Durante as Guerras Irmandiñas (s XIV) a torre sufriu enormes danos e a súa destrución total foi ordenada por Pedro Álvarez de Soutomaior.