Meire, pazo de
Meire, pazo de
Construción situada en Belesar (Vilalba). A edificación principal ten planta en forma de L, con dúas alturas e cuberta de lousa. A ela únense varias construcións, entre as que destaca a capela. Tamén conserva cruceiro, hórreo e un patio amurallado, así como os escudos de armas barrocos e unha inscrición.