Melampyrum
Melampyrum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas anuais e hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, que presentan follas opostas, flores co cáliz tubular e tetrámero, con corola bilabiada e catro estames, e froito en cápsula. En Galicia florece entre a primavera e o verán, en prados e bosques, a especie M. pratense.