melancólico -ca

melancólico -ca

(< lat melancholĭcus < grμελαγχολικός)

  1. adx e s

    Que ou quen ten melancolía.

    Ex: Desde que marchou está moi melancólico.

  2. adx

    Que implica melancolía.

    Ex: Tiña unha mirada melancólica e triste.

  3. síndrome melancólica [PAT]

    Síndrome psiquiátrica que se caracteriza porque o paciente presenta unha profunda tristeza, pesimismo e sentimentos de culpabilidade.

Palabras veciñas

Melanchthon, Philipp | melancio | melancolía | melancólico -ca | melanconial | melandro | Melanella