Melanitta
Melanitta
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves anseriformes, da familia dos anátidos, que presentan plumaxe escura, cun tubérculo no peteiro e cunha uña no extremo final. Son de hábitos mariños. En Galicia a súa presenza é escasa, aparecen as especies M. fusca (parrulo mourelo) e, como ave de paso, M. nigra (parrulo pentumeiro común).