melanocito
melanocito
(< melano- + -cito)
s
m
[BIOL]
Célula voluminosa, derivada da crista neural do embrión, que se atopa preto do folículo piloso, na capa basal epidérmica; emite prolongacións que se dirixen cara aos espazos intercelulares epidérmicos. Os melanocitos fan de glándulas secretoras unicelulares e conteñen os melanosomas, cheos de tirosinase, encima necesario para a síntese da melanina.