1 melga
(< lat merga ‘forca’ ?)
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe intermedio entre as quenllas e as raias que presenta o corpo fusiforme e alongado e alcanza un talle máximo de 70-100 cm de lonxitude. A pel está cuberta de dentículos dérmicos e ten a cabeza aguzada, onde destacan uns ollos grandes, e unha cor cinsenta escura que se vai aclarando cara a rexión ventral ata a cor branca. No lombo presenta manchas ovais de cor branca irregularmente dispostas. Trátase dun peixe fortemente migrador e de vida longa e crecemento lento. Aliméntase, como predador oportunista, de peixes, crustáceos, moluscos, algas, etc.
-
melga de mar
[PLANTA]
Planta perenne, tomentosa, de ata 50 cm de altura, que presenta talos numerosos, leñosos na base e decumbentes. As follas son trifoliadas e estipuladas na base. As estípulas son ovadas, acuminadas, enteiras ou dentadas e os folíolos obovados e denticulados no ápice. As flores son hermafroditas de cor amarela dispostas en acios e o froito é un legume enrolado en espiral. Florece entre abril e setembro en areais costeiros e dunas.