Melide, cruceiro de
Melide, cruceiro de
Cruceiro situado en Melide. Considérase o máis antigo de Galicia, do s XIV. Posiblemente pertenceu ao conxunto do retablo pétreo da desaparecida igrexa de San Pedro de Melide e orixinalmente estivo policromado. Na cruz, tallada nunha única peza, representouse dun lado, a figura de Xesús Cristo crucificado, acompañado por san Xoán Evanxelista e pola Virxe, e doutra, o Cristo en maxestade. É o elemento máis antigo do cruceiro, e a ela engadíronse posteriormente o pé e a columna, octogonal.