meliorismo
meliorismo
(< lat melĭōre ‘mellor’)
s
m
[FILOS]
Doutrina que establece que o mundo se pode volver cada vez mellor. Aínda que nega tanto o pesimismo como o optimismo, decántase máis ben cara ao segundo, pois presupón a intrínseca capacidade do mundo de perfeccionarse.