Melón, ponte de
Melón, ponte de
Construción situada sobre o río Bouzas en Melón. Está realizada en cantaría con arco de medio punto e pode datarse entre os ss XIII e XIV. Ten un só van con arco oxival e unía o antigo camiño de Melón a Penavaqueira.