memoria
(< lat memorĭa)
-
-
s
f
[FILOS/PSIC]
Facultade de lembrar. Adóitase distinguir a memoria como capacidade, disposición ou función, do recordo, acto ou proceso de recordar. Esta distinción arraiga na filosofía grega e na súa diferenciación entre ή (facultade de lembrar os datos sensibles e retención das impresións e as percepcións) e ἀά (acto espiritual mediante o que a alma ve no sensible o intelixible, en virtude da forza dos arquetipos ou ideas que contemplou antes da súa existencia no corpo). A coñecida distinción grega é tamén discernible na escolástica, en R. Descartes e en H. Bergson. Psicoloxicamente, no que se refire ao problema do substrato da memoria, adoita aceptarse a teoría molecular que enuncia que a aprendizaxe se basea nas alteracións da estrutura química das moléculas que integran as neuronas.
-
memoria comprensiva
[EDUC]
Categoría de memoria que se caracteriza pola retención das aprendizaxes significativas, é dicir, aprendizaxes que formaron parte da estrutura cognoscitiva dun individuo. A memoria comprensiva contraponse á memoria repetitiva ou mecánica. Para que se produza unha memorización comprensiva dos coñecementos debe crearse unha relación entre os coñecementos previos do alumno e os novos coñecementos que se queren aprender.
-
memoria fotográfica
[PSIC]
Facultade que permite traer con facilidade á mente fragmentos dun texto, epígrafes ou a súa posición nunha páxina.
-
s
f
[FILOS/PSIC]
-
s
f
Presenza na mente dunha persoa, un feito ou dunha cousa do pasado.
Sinónimos: recordo. -
s
f
Escrito para informar ou expoñer algo de importancia.
Confrontacións: memorando. -
[INFORM]
-
s
f
Dispositivo ou circuíto que permite a entrada dunha determinada información codificada en sistema binario e que é capaz de rexistrala e de almacenala temporal ou indefinidamente. Os parámetros máis interesantes dun dispositivo de memoria son: a capacidade ou cantidade de bits (ou octetos) que contén, a velocidade de acceso ou tempo que se tarda en obter a información, o ancho de banda ou cantidade de información subministrada por segundo, a densidade en bits por unidade de volumen, a potencia eléctrica requirida, o custo por bit e a organización interna dos bits ou información. As memorias que perden a súa información cando se corta a alimentación eléctrica chámanse volátiles e, en caso contrario son non volátiles. Hai unha gran variedade de dispositivos de memoria como disquetes, discos duros, cintas magnéticas, discos ópticos só de lectura (CD-ROM) ou de lectura e escritura (CD-RW) e outros, normalmente empregados en dispositivos de memoria periférica, tamén chamada secundaria, dos ordenadores e equipos similares. Estes dispositivos empregan fundamentalmente tecnoloxías magnéticas ou ópticas con lectura por láser, teñen tempos de acceso relativamente lentos, grandes capacidades e un baixo custo por bit. As memorias centrais dos ordenadores e outros equipos, outrora de núcleos magnéticos, empregan hoxe tecnoloxía de semicondutores. Estas memorias teñen tempos de acceso moi pequenos (da orde de nanosegundos) e están normalmente organizadas nun ou máis octetos e accédese a elas obtendo 8, 16, 32 ou 64 bits dunha vez. As memorias de tipo magnético, formadas por filas de núcleos ou aneis de ferrita (memoria de ferritas), empregadas ata a década de 1970 para a memoria central, foron substituídas polas memorias de semicondutores. Hai dous tipos básicos, as memorias de acceso aleatorio (Random Access Memory, RAM), que permiten ao usuario ler e rexistrar unha información tantas veces como queira, é dicir, son memorias volátiles, e as memorias soamente de lectura (Read Only Memories, ROM), memorias non volátiles, onde o rexistro dos datos se realiza polo fabricante e só se pode ler o seu contido. As tecnoloxías que se empregan nas memorias semicondutoras son diversas. No caso de dispositivos bipolares, a célula dunha memoria está constituída por unha báscula biestable (flip-flop). As memorias que se basean en dispositivos do tipo MOS ou CMOS poden ser estáticas ou dinámicas. As estáticas son básculas biestables convencionais cun tempo de almacenamento indefinido e as dinámicas están baseadas na retención temporal da carga grazas á capacidade dos dispositivos MOS. Hai unha variedade notable de tecnoloxías RAM, das que destacan a ADRAM (Asynchronous Dynamic RAM), FPRAM (Fast Page RAM), EDORAM (Extended Data Out RAM) e SDRAM (Synchronous Dynamic RAM). A DDR-SDRAM (Double Data Rate) é de tipo SDRAM, tipo de memoria máis empregada a principios do s XXI. Tamén existe unha gran variedade de memorias ROM. As memorias pasivas programables (Programmable Read Only Memories, PROM) son memorias de lectura non volátiles que poden ser rexistradas polo usuario unha soa vez. Como as ROM e as PROM non permiten almacenar novos datos, tamén se lles dá o nome de memorias mortas. As memorias pasivas reprogramables son memorias de lectura non volátiles, que permiten rexistrar a información varias veces, un rexistro que se realiza electricamente e o seu contido pode borrarse mediante luz ultravioleta, como nas memorias EPROM (Erasable PROM), ou ben mediante impulsos eléctricos, como nas memorias EAROM (Electrically Alterable ROM) ou EEROM (Electrically Erasable ROM). As memorias de acceso en serie ou secuenciais son aquelas en que o tempo de ler ou rexistrar unha información depende da posición da célula de memoria. Deste último tipo é a memoria en pía, que opera como se estivese constituída por un xogo de rexistros dispostos en columna; tamén aquí hai os rexistros de desprazamento, as memorias FIFO (Last-in-first out). As memorias asociativas (Content addressable memories, CAM) caracterízanse porque, na operación de lectura, a memoria verifica se a información subministrada coincide coa contida nalgunha das súas posicións. As memorias de máis alta velocidade adoitan utilizar circuítos da familia lóxica ECL. Aquí hai tamén dispositivos de carga axustada (Charge-coupled devices, CCD), memorias secuenciais que requiren un espazo máis pequeno para almacenar a información ca unha memoria RAM. Outro tipo de memoria moi empregada en cámaras dixitais, ordenadores, equipos de comunicacións ou teléfonos celulares é a Flash Memory, de tipo EEROM. É unha memoria non volátil, barata, que necesita moi baixa potencia e ten unha gran resistencia aos golpes. Este tipo de memoria emprega acceso en bloques de datos, non acceso aleatorio, polo que é unha memoria de acceso lento. Emprégase, en xeral, para preservar a información ao apagar os equipos. Outras memorias como as de burbullas magnéticas (Magnetic Bubble Memories, MBM) baséanse no feito de que certos materiais son susceptibles de ser magnetizados localmente; son de tipo non volátil. Tiveron certa importancia na década de 1970, pero xa practicamente non se empregan.
-
memoria asociativa
Memoria en que a referencia aos datos non se fai por dirección, senón directamente por unha clave, que é comparada simultaneamente con todas as claves dos datos presentados na memoria.
-
memoria auxiliar
Memoria de capacidade moito máis grande pero de acceso máis lento ca o da memoria principal.
-
memoria central
Memoria principal dun ordenador, especialmente cando forma parte da unidade central.
-
memoria de acceso aleatorio
Memoria cun tempo de acceso independente da secuencia de operacións que se seguiron antes de acceder a ela.
-
memoria de acceso secuencial
Memoria cun tempo de acceso que é basicamente unha función lineal da dirección da posición á que se accede.
-
memoria intermedia
Memoria que se usa nas transferencias de datos entre dispositivos para almacenar provisionalmente os datos transmitidos con vistas a compensar a discrepancia entre diferentes velocidades de transmisión ou de funcionamento, ou a falta de sincronía entre dispositivos ou acontecementos.
-
memoria principal
Memoria formada por todas aquelas posicións designables en direccións de instrucións aritméticas e lóxicas.
-
memoria real
Memoria principal, cando se usa memoria virtual.
-
memoria virtual
Sistema que combina mecanismos do hardware e do software para facer posible que un programa poida ter un espazo de direccionamento diferente, xeralmente máis grande, ca o da memoria principal onde se executa.
-
posición de memoria
Unidade básica de memoria que se corresponde de modo biunívoco cunha dirección.
-
s
f
-
s
f
[ECON]
-
Relación de actividades ou traballos efectuados por unha corporación ou outro tipo de sociedade, así como o resultado económico destes nun período determinado. Recollidos nun documento, poden pasar a disposición dos socios ou das persoas interesadas.
-
Relación dos gastos que se fan nunha dependencia ou negocio, nun período económico.
-
-
s
f pl
[HIST/LIT]
-
Obra escrita, de carácter autobiográfico, onde a vivencia persoal do autor se adoita inserir nos acontecementos históricos dos que el foi testemuña ou en que participou. A narración adoita ter una linearidade cronolóxica, e a miúdo expresa a ideoloxía sociopolítica do autor ou as súas meditacións sobre os temas máis diversos.
Confrontacións: biografía. -
Obra literaria que ten a estrutura do libro de memorias pero en que o protagonista autor é un personaxe fiticio ou real, recreado polo autor.
-
-
s
f pl
Saúdo afectuoso que se envía a unha persoa por medio doutra.
Sinónimos: recordo. -
memoria de licenciatura
[EDUC]
tese de licenciatura.
Frases feitas
-
De boa/gloriosa/mala/triste memoria loc Expresión que se aplica a alguén que deixou para a posteridade un bo ou mal recordo.
-
. Facer memoria (a alguén). Lembrarlle algo a alguén.
-
De memoria. Realizar algo utilizando a memoria.
-
En memoria de. Expresión que indica que se realiza algo en lembranza de algo ou de alguén.
-
Facer memoria. Intentar lembrar algunha cousa