Mendoza, pazo de
Mendoza, pazo de
Construción situada en Mañufe (Gondomar). Datada no s XVIII, a súa planta ten forma de U, e a á S apenas foi desenvolvida. A fachada presenta unha escalinata con dobre rampla, que remata nun patín, e na parte posterior ten solaina corrida en forma de L. Destaca a cheminea rematada con catro pináculos e conta cun brasón coas armas dos Mendoza.