Menelao

Menelao
[MIT]

Heroe da mitoloxía grega, irmán de Agamemnon, fillo do rei de Micenas, Atreo e da liñaxe de Pelops. Durante sete anos percorreu os mares como pirata e saqueou varias cidades, como Tebas. Rei de Esparta, casou con Helena, e cando esta foi levada por Paris acudiu cos gregos a Troia para vingar a aldraxe e saquear a cidade.