ménido -da
ménido -da
(< lat científico Mene, xénero de peixes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ménidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos ménidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes osteíctios, da orde dos perciformes, que presentan unha longa aleta dorsal que carece de espiñas, algo comprimidos lateralmente e cos dentes cónicos e de pequeno tamaño. Inclúe unha única especie, Mene maculata, que vive en augas tropicais e ten unha distribución Indo-Pacífica.