mentireiro -ra

mentireiro -ra

(< mentir)

adx e s

Que ou quen mente ou ten o costume de mentir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Primeiro cae o mentireiro ca o coxiliqueiro”.

Ex: O curmán de Filipe é moi mentireiro. O mentireiro acaba por non ter amigos.

Citas

  • O curmán de Filipe é moi mentireiro. O mentireiro acaba por non ter amigos.

Refráns

  • A mentira é de cristal e por ela traslócese a verdá.
  • A mentira logo é collida.
  • A mentira nunca ten moita vida.
  • Dicir unhas veces torto e outras dereito é de xente de mal xeito.
  • Máis axiña se calle un mentiroso que un coxa.
  • Máis axiña se colle un mentireiro que un coxilitranqueiro.
  • Mentir non é deshonra mais é cousa de mala persoa.
  • O mentireiro cando dí a verdá, ninguén creto lle dá.
  • O que se di á noite e non é verdá, desfaise pala mañá.
  • O que sempre mente, nunca engana.
  • Primeiro cae o mintireiro có coxiliqueiro.
  • Quen me mente non me engana.
  • Quen minte lago se arrepinte.
  • Unha mentira descobre outra axiña.
  • Unha mentira doutra tira.

Palabras veciñas

mentir | mentira | mentirán -na | mentireiro -ra | mentismo | mentol | mentolado -da