Mephitis
Mephitis
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos, da familia dos mustélidos. As especies máis coñecidas son M. mephitis, de ata 80 cm de lonxitude, e M. macroura, de ata 38 cm de lonxitude, de cor negra e dúas liñas dorsais brancas. Son solitarios e nocturnos e habitan en campos e zonas suburbanas en lugares que van desde EE UU ata Costa Rica.