Mera, San Xoán de
Mera, San Xoán de
Antigo mosteiro situado en San Xoán do Alto (Lugo). Na súa orixe, anterior a 964, foi mosteiro dúplice, fundado por particulares. Esta circunstancia provocaba que os descendentes directos dos fundadores herdaban a propiedade e as rendas que esta producía.