mercadotecnia

mercadotecnia

(< mercado + -tecnia)

s f [ECON]

Conxunto de técnicas programadas, coherentes e dinámicas, orientadas a perfeccionar o proceso de comercialización para mellorar a eficiencia na produción, a distribución e a venda de produtos ou de servizos. As súas técnicas inspíranse na imaxinación, a innovación e a creatividade, e son principalmente, a investigación de mercados, a organización e a produción de vendedores e vendas, a creación de canais de distribución, o estudo de motivacións dos compradores, o estudo das características dos produtos como calidade, presentación, rendimentos e prezos, a publicidade, a creación do servizo de posvenda ou o estudo das relacións públicas.

Palabras veciñas

Mercado, Tomás de | mercador -ra | mercadoría | mercadotecnia | mercancía | mercante | mercantil