Mercede, ponte da
Mercede, ponte da
Construción situada sobre o río Ulla en Pidre (Palas de Rei). Trátase dunha ponte de orixe medieval de cantaría, con dous vans, un formado por arco de medio punto, e o outro por un arco oxival. Sitúase na estrada entre Palas de Rei e Antas de Ulla.