mercurial
(< lat mercuriale)
-
adx
Relativo ou pertencente ao deus Mercurio ou ao planeta Mercurio.
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao mercurio.
-
ungüento mercurial
[MED]
Fórmula farmacéutica preparada con manteiga, lanolina e mercurio metálico que se empregaba antigamente como antiparasitario.
-
adx
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, glabra ou pouco pelosa, de ata 50 cm de altura, que presenta talos ramosos, follas pecioladas, ovais e lanceoladas, flores de cor verdosa ou amarela, as femininas sésiles, e froito en cápsula. Florece entre abril e novembro en campos cultivados ou incultos e marxes de camiños. É moi frecuente en Europa e Asia. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades como diurético e purgante. En Galicia tamén está presente a especie Mercurialis perennis, de flores femininas pedunculadas, pubescente e perenne.