meridiano -na

meridiano -na

(< lat meridiānu)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao mediodía.

    2. Que ten moita luminosidade.

      Ex: Pola ventá entraba unha luz meridiana.

    3. Que resulta moi claro ou evidente.

      Ex: Explicábase con claridade meridiana.

  2. [XEOG]
    1. s m

      Cada un dos círculos máximos da Terra que pasan polos polos.

    2. s m

      Calquera semicírculo da Terra que vai de polo a polo.

    3. meridiano de Greenwich

      Semicírculo imaxinario que une os polos e pasa polo antigo Real Observatorio de Greenwich (Reino Unido). É a liña base a partir da que se miden as lonxitudes e se establecen os fusos horarios mundiais. Correspóndese coa lonxitude 0°, polo que tamén é coñecido como meridiano cero ou meridiano de orixe.

    4. meridiano inicial

      Meridiano que toma arbitrariamente o home como o primeiro, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.

    5. meridiano magnético

      Cada unha das liñas isógonas comprendidas entre os dous polos magnéticos da Terra.

    6. primeiro meridiano

      Meridiano que se adoptou como orixe das lonxitudes xeográficas, ou sexa, o de 0° 0’ de lonxitude. Actualmente adoita ser o que pasa por Greenwich.

  3. s m [MAT]

    Intersección, nunha superficie de revolución, desta superficie cun plano que pasa polo eixe de revolución.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á meridiana.

    2. altura meridiana dun astro [ASTRON]

      Altura dun astro cando pasa polo plano meridiano.

    3. plano meridiano / [ASTRON/XEOG]

      Plano vertical que pasa polo eixe da Terra e un lugar dado.

  4. [ASTRON]
    1. meridiano celeste

      Círculo máximo da esfera terrestre que contén os seus polos.

    2. meridiano inferior

      Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o nadir dese lugar.

    3. meridiano local/de lugar

      Meridiano celeste que contén o cénit e o nadir do lugar xeográfico considerado.

    4. meridiano superior

      Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o cénit dese lugar.