mesénquima
mesénquima
(< meso- + gr ἕγχυμα ‘infusión, inxección’)
s
m
[BIOL]
Tecido conxuntivo embrionario formado por células que teñen forma irregular, estreladas e con numerosas prolongacións, separadas entre si por unha matriz xelatinosa. Durante o desenvolvemento dá lugar a diferentes tipos de tecidos (óseo, conxuntivo adulto e cartilaxinoso).