mester

mester

(< lat ministerĭu)

  1. s m

    Necesidade ou falta de algo.

  2. s m

    Traballo manual que realiza unha persoa.

  3. s m

    Traballo ou ocupación á que se dedica unha persoa.

  4. mester de clerecía [LIT]

    Escola poética castelá que se desenvolveu entre os ss XII e XIV. A denominación significa “mester ou ocupación de homes cultos”, en contraposición a mester de juglaría. O seu primeiro representante coñecido foi Gonzalo de Berceo e o último o chanceler Pero López de Ayala. Pertencen a este xénero obras como os anónimos Libro de Apolonio (1250?) e o Libro de Aleixandre (1230-1250?) e, en parte, o Libro del Buen Amor, de Juan Ruiz, Arcipreste de Hita, do s XIV. O metro característico desta escola é a caderna vía e neles trátanse temas relacionados con asuntos relixiosos, outros inspirados na Antigüidade e mesmo épica nacional.

  5. mester de juglaría [LIT]

    Escola poética castelá de tradición oral. Acadou o seu maior esplendor nos ss XII e XIII, aínda que no s XIV tamén se cultivou. Os temas, a diferenza do mester de clerecía, céntranse en feitos nacionais e fazañas históricas, e o metro característico é a tirada de versos irregulares asonantes. O aspecto lírico desta escola proxectouse a toda a literatura popular castelá.

Frases feitas

  • Ser mester. Ser algo necesario ou preciso.

Palabras veciñas

Mesta | mesteiral | mesteiralía | mester | Mestghanem | Mestghanem | mestizaxe