mesturador -ra
mesturador -ra
(< mesturar)
-
-
adx e s
Que ou quen mestura.
Ex: O mestre mesturador elaborou un bo viño. O mesturador de alimentos está averiado.
-
adx
Que serve para mesturar.
Ex: Nesa tenda venden aparatos mesturadores e dosadores.
-
adx e s
-
s
m
[FÍS]
Circuíto ou dispositivo capaz de superpor dous sinais eléctricos ou máis e obter un sinal equivalente á suma ou unha combinación deles, que despois é amplificada. Posúe diversas entradas a unha saída común e a miúdo permite a regulación independente e a vontade de amplitude de cada unha delas. Os mesturadores empréganse en electroacústica co fin de mesturar sinais.
-
s
m
[QUÍM]
Aparato que se emprega para a mestura de materiais sólidos.