metafísico -ca

metafísico -ca

(< metafísica)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á metafísica.

  2. adx

    Que é sutil ou difícil de comprender.

    Ex: Coas súas reflexións metafísicas non lle entendemos nada.

  3. adx [FILOS]

    Que ultrapasa o dominio da experiencia sensible, da ciencia positiva e da realidade fenoménica.

  4. s

    Persoa que se dedica á metafísica.

    Ex: No exame preguntáronme polos metafísicos da antigüidade.

  5. pintura metafísica [ARTE]

    Movemento pitórico que se desenvolveu en Italia aproximadamente entre os anos 1916 e 1919 como reacción contra o futurismo. Volveu retomar os valores tradicionais da pintura pero con personaxes e obxectos nunha situación inhabitual. O seu nome alude ao significado diferente que ten cada obxecto ou personaxe fóra do seu ámbito habitual. Algúns representantes desta corrente foron G. de Chirico, C. Carrá, G. Morandi, M. Tozzi e A. Savinio.

  6. poesía metafísica [LIT]

    Poesía desenvolvida por un grupo de poetas ingleses do s XVII. Cultivaban unha poesía de inspiración relixiosa, diferente das correntes poéticas anteriores e de carácter e estilo enxeñoso, conceptista e hermético. Foron membros deste grupo Iord Herbert of Cherbury e o seu irmán G. Herbert, R. Crashaw e H.Vaughan.

Palabras veciñas

metafemia | metáfise | metafísica | metafísico -ca | metafonético -ca | metafonía | metáfora