Metais, Idade dos
Metais, Idade dos
[PREHIST]
División da Prehistoria, posterior á Idade de Pedra, constituída polo Calcolítico (ca 4.000-2.500 a C) e as idades do Bronce (ca 3.000-800 a C) e do Ferro (ca 1300-200 a C). A súa denominación responde ao desenvolvemento e perfeccionamento da industria dos metais.