metálico -ca
metálico -ca
(< lat metallĭcu < grμεταλλικός)
-
adx
-
Que é de metal.
Ex: Adornou o vestido cun broche metálico.
-
Que ten as características propias dun metal.
Ex: O secuestrador tiña unha voz metálica, distorsionada por algún aparato.
-
-
s
m
Rede metálica sobre a que se apoia o colchón.
Ex: Colocou o colchón sobre o metálico para estar máis cómodo.
Confrontacións: somier. -
s
m
-
Diñeiro en moedas.
Ex: Levo os cartos en metálico e vaime romper a carteira.
-
Diñeiro en xeral.
Ex: Nesta tenda só se pode pagar en metálico.
-