Metamorfoses, As
Metamorfoses, As
[LIT]
Obra de Ovidio escrita no ano 1 ou 2, e ordenada en 15 libros, que comprenden máis de 12.000 hexámetros, en que se recollen unhas 250 fábulas mitolóxicas. Trátase dunha recolla de material moi diverso con extractos de épica, teatro, poesía didáctica grega e especialmente de poetas alexandrinos. En todas elas inclúense referencias relativas á transformación sobrenatural do ser humano en pedra, vexetal ou animal. Non se pode considerar unha obra cosmogónica, senón unha mostra do talento, erudición e fantasía do poeta. Esta obra tivo unha grande aceptación nos tempos antigos e na Idade Media.