Metelo
Rama da gens Cecilia, de orixe plebea, que destacou na Roma republicana. Dos seus membros destacaron Lucio Cecilio Metelo (?-221 a C), militar e político, cónsul en 251 a C e 247 a C, pontífice soberano (243-221 a C) e ditador en 224 a C; Quinto Cecilio Metelo , coñecido como o Macedonio (?-115 a C), converteu Macedonia en provincia romana (146 a C), foi cónsul en 143 a C e procónsul da Hispania Citerior; o seu fillo, Quinto Cecilio Metelo , coñecido como Baleárico, foi maxistrado e cónsul (132 a C), someteu as Illes Balears, fundou alí unha cidade (121 a C) e foi nomeado censor (120 a C); Quinto Cecilio Metelo (130-54 a C), cuestor en 97 a C e tribuno en 92 a C, foi cónsul e gobernador da Bética; e Quinto Cecilio Metelo, o Nepote (?-Roma 55 a C), cónsul en 57 a C.