Methodenstreit

Methodenstreit

Conflito que xurdiu no s XIX entre a escola de Viena e a escola histórica alemá de economía con respecto ao debate histórico que se estableceu arredor do método máis axeitado para empregar na investigación económica. Iniciouse coa publicación de Karl Menger Untersuchungen über die Methode der Sozialwissenschaften und der Politischen Ökonomie inbesondere (Problemas sobre o método da socioloxía e da economía política en particular, 1883) como crítica á obra do alemán Wilhelm Roscher. A contrarréplica deuna Gustav von Schmoller, en Jahrbuch für Gesetzgebung (Anuario da lexislación) e a disputa finalizou coa nova publicación de Menger Die Irrthümer des Historismus in der deutschen Nationalökonomie (As falacias do historicismo na política económica alemá, 1884).