metilación
metilación
(< metilar)
s
f
[QUÍM]
Tipo de reacción en que se substitúe nunha molécula, un átomo de hidróxeno dos grupos -OH, -NH ou -SH, por un radical metilo (CH3). Pode realizarse con sulfato de metilo, ioduro de metilo e diazometano. As aminas poden ser degradadas a olefinas a base de repetidas metilacións, como a metilación exhaustiva de Hofmann, e sucesivas eliminacións ou degradacións de Hofmann.