metralla
metralla
(< fr mitraille)
-
s
f
[BÉL]
Munición composta por anacos miúdos de ferro, cobre, cinc, cravos e outros materiais, coa que se cargaban antes diversas pezas de artillaría e actualmente algúns artefactos explosivos.
-
s
f
[BÉL]
Conxunto de fragmentos en que se parten os corpos de diversos artefactos provenientes dunha carga explosiva interior.
-
s
f
[BÉL]
Conxunto de proxectís disparados cunha arma automática.
-
s
f
Conxunto de anacos miúdos de ferro coado que saltan fóra dos moldes ao facer os lingotes.
-
s
f
Conxunto de cousas inservibles que se acumulan nun lugar.
Ex: Deixa de meter tanta metralla no armario que xa non colle nada.
-
s
f
Gran cantidade de calquera cousa.
Ex: Se che apetece un pexego tes metralla deles na horta.