metrónomo

metrónomo

(< 1 metro- + -nomo)

s m

Aparato que se emprega en pedagoxía musical e que produce un ruído semellante ao tictac dun reloxo, con intervalos regulares, cunha duración que pode variar mediante un peso móbil colocado no péndulo do aparato. Serve para indicar os tempos dunha composición musical á velocidade adecuada. Inventouno D. N. Winkel, mais difundiuno J. N. Mälzel, quen se atribuíu a invención.

Palabras veciñas

metroloxía | metrolóxico -ca | metronidazol | metrónomo | metropatía | metrópole | Metropolis