Metropolitan Museum of Art

Metropolitan Museum of Art

Museo fundado en Nova York en 1880. A diferenza dos grandes museos europeos, os seus fondos foron reunidos por iniciativa privada. Ten coleccións de arte exipcia, grega, romana, oriental e europea, especialmente pintura do s XV. Conta con seccións de arte contemporánea, armas, indumentaria e instrumentos musicais. En 1938 inaugurouse a sección de arte medieval, The Cloisters, situada nun edificio independente, no que se colocaron monumentos trasladados desde Europa, dos que destacan o claustro de Sant-Guilhem-del-Desert e o templo Dender, regalado a EE UU polo goberno exipcio.