míase

míase

(< 1 mi- + -íase ‘afección patolóxica’)

  1. s f [PAT]

    Infección do tecido vivo provocada polas larvas dalgunhas especies de moscas dípteras.

  2. míase cutánea [PAT]

    Enfermidade producida polas larvas de moscas que viven sobre a pel e orixinan galerías lineais que son perceptibles na epiderme.

  3. míase intestinal [PAT]

    Presenza no tubo dixestivo de larvas de certas moscas introducidas cos alimentos.

Palabras veciñas

miao | Miaoli | miar | míase | Miaskovskij, Nikolaj Jakovlevicš | miasma | Miass