micetocito

micetocito

(< miceto + -cito)

s m [ENTOM]

Célula de certos insectos que contén lévedos e bacterias (neste caso denomínase máis propiamente bacteriocitos) en simbiose. A súa microflora proporciona nutrientes que lle son indispensables. A súa distribución é irregular en certos tecidos, como o intestino, formando acumulacións denominadas micetomas.