Michoacán

Michoacán

Estado do O de México, situado na costa pacífica (59.928 km2; 3.985.667 h [2000]). A capital é Morelia. O relevo é accidentado ao N pola Cordillera Neovolcánica, de actividade volcánica recente, e ao S polo extremo NO da Sierra Madre del Sur. O clima é temperado ao N e tropical chuvioso no centro e na costa. A poboación concéntrase maioritariamente ao N. A agricultura e a gandaría son as actividades económicas máis importantes, co cultivo de froita, algodón, cana de azucre e a explotación porcina e bovina. Ten industrias téxtiles e alimentarias.

Palabras veciñas

Michigan | Michigan, lago | micho -cha | Michoacán | michola | michón | Miciano Becerra,