Micrococcus
Micrococcus
[MONERA]
Xénero de bacterias eubacteriais, da familia das micrococáceas, aerobias, sen esporas, inmóbiles, que se agrupan dunha forma irregular. Fermentan a lactosa, non producen ácido a partir da glicosa en condicións anaeróbicas e non son moi patóxenas. Atópanse no aire e nas augas naturais e industriais, e contaminan moitos alimentos.