microficha

microficha

(< micro- + ficha)

s f [BIBLIOT]

Microforma de medidas normalizadas DIN A6 (105/148 mm) que pode conter de 1 a 448 fotogramas. A parte superior dispón dunha franxa opaca en que se describe o contido da microficha. A marxe inferior permite a selección automatizada. O corpo central, que contén a información, pode estar distribuído en dúas direccións: vertical, se a imaxe foi xerada por ordenador, e horizontal, cando foi obtida por métodos fotográficos. Cada páxina ou micrograma localízase por unhas coordenadas alfanuméricas. No ángulo inferior dereito está indicado o contido da microficha.

Palabras veciñas

microfarad | microfauna | microfaxia | microficha | microfilamento | microfilmación | microfilmar