Microfisuras

Microfisuras
[PUBLIC]

Revista editada en Vigo a partir de 1997. Baixo o subtítulo “Cadernos de pensamento e creación”, estivo dirixida por Amando González e tivo un consello de redacción formado por Ignacio Castro, Amando González, Francisco Jarauta e Antón Patiño. Cunha periodicidade semestral, incluíu artigos sobre a reflexión e a teoría da arte, textos poéticos e narrativos en galego e ilustracións de diversos artistas.